Incendio no garaxe dunha residencia de maiores na Coruña sen danos persoais
Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais no lume que afectou a noite do venres ao sábado a unha residencia de maiores na Coruña. O incendio iniciouse nun dos vehículos do garaxe. A fumareda afectou a dúas plantas do edificio pero non foi necesario o desaloxo do centro.
O lume comezaba no garaxe do edificio da residencia de maiores Domus Vi de Matogrande, na Coruña.
O 112 recibía o aviso do incendio sobre as once da noite, Un coche ardía por completo e quedaban danados outros tres vehículos próximos.
Non houbo que lamentar danos persoais e tampouco foi necesario o desaloxo do centro.
O incendio mobilizou catro dotacións de bombeiros, que traballaron máis de dúas horas para apagar o lume e evitar que a fumareda, que inundaba os corredores da residencia, lles afectase aos 130 residentes.
Os servizos sanitarios evaluaron o estado dos residentes, que permaneceron confinados nas súas habitacións. Ningún dos usuarios nin do persoal precisou asistencia médica.
Os bombeiros conseguiron disipar o fume utilizando ventiladores mecánicos nas dúas plantas que resultaron afectadas.