CRTVG

Buscar

O incendio dunha chabola provoca alarma no barrio do 21

Publicado o 19/05/2020 14:11

Unha intensa columna de fume que se divisaba dende varios puntos da cidade de Ourense deu a voz de alarma esta mañá.

Ata o lugar achegouse unha patrulla da Policía Local e os bombeiros. Ardía unha chabola ocupada no poboado xitano na zona do barrio do 21. A muller que estaba no interior co seu can non sufriu feridas e logrou saír polo seu propio pé.

Os bombeiros traballaron arreo para sufocar as lapas e que non afectasen as construcións lindeiras. O teito derrubouse e a chabola quedou totalmente inservible. Había moita ferralla nos arredores que tamén ardeu e é onde probablemente empezou o lume, segundo as primeiras hipóteses.

Os veciños do barrio pasaron momentos de tensión porque se trata dunha zona con moito arboredo.

 

Noticias web

19/05/2020