CRTVG

Buscar

Case 300 persoas rescatadas en Indonesia tras o incendio nun ferri

Publicado o 30/05/2021 12:51

O incendio que arrasou cun ferri no mar de Molucas en Indonesia obrigou os servizos de emerxencia a rescatar a toda a pasaxe da embarcación. Evacuaron 274 persoas e unha segue desaparecida. As primeiras investigacións apuntan a que as lapas se orixinaron na sala de máquinas do barco.

O "KM KArya Indah" ía cara a Sanana, un porto remoto ao nodeste do arquipélago indonesio, cando o lume se propagou polo barco.

Funcionarios indonesios investigan as causas do incidente, que se repite con frecuencia en embarcacións de pasaxeiros nesta zona.

Noticias web

30/05/2021