CRTVG

Buscar

Incendio de Salvaterra: "Apagaban dun lado e viña do outro"

Publicado o 14/06/2021 14:32

As altas temperaturas favoreceron a propagación dun incendio en Salvaterra. Queimáronse máis de 300 hectáreas e xa está controlado. Os brigadistas traballan na zona para evitar que se reavive. A situación está xa controlada pero algúns veciños tiveron moi preto as lapas esta fin de semana. 

A calor, o vento e a gran cantidade de eucaliptos que hai na zona fixeron que o lume se propagara con rapidez. Investigan as causas pero non se descarta que a orixe fora a caída dun raio. Dende o sábado traballaron na zona  un técnico, quince axentes, 55 brigadas, 33 motobombas, dúas pas e dous helicópteros. Nesta xornada só hai presenza de medios terrestres nas zonas afectadas.

Noticias web

14/06/2021