CRTVG

Buscar

O HULA recibe o Premio Nacional de Medicina Século XXI á mellor atención hospitalaria

Publicado o 29/09/2020 18:44

O Hospital Universitario Lucus Augusti recibe o Premio Nacional de Medicina Século XXI á mellor atención hospitalaria.

O galardón, que outorga a revista 'El Suplemento', recoñece o traballo diario do HULA, centro de referencia para 330.000 persoas.

Recolleu o premio o xerente da área sanitaria. Ramón Ares dixo que era un estímulo para seguir traballando a prol da sanidade pública e dedicóullelo aos que traballan en primeira liña para erradicar a pandemia de coronavirus.

Noticias web

29/09/2020