CRTVG

Buscar

O HULA está a organizar un sistema de desescalada do coronavirus

Publicado o 28/04/2020 14:30

Na área sanitaria de Lugo comenzan a darse pasos para retomar a actividade ordinaria nos centros hospitalarios, pero sempre de xeito gradual e prudente. Por iso se están a barallar distintas posibilidades para, sobre todo, evitar concentracións de pacientes, tanto nas salas de espera coma nos mostradores de citación.

Xunto cos departamentos de informática e admisión, están buscando a forma de organizar telematicamente as peticións de novas citas ou probas complementarias para evitar que os pacientes teñan que realizar os trámites no propio hospital.

O doutor Rafael Monte di que están considerando deseñar mecanismos de citación que eviten aglomeracións nos mostradores e que os pacientes poidan recibir as comunicacións por sms ou teléfono.

De feito, nestes dous últimos meses xa se comprobou a eficacia do uso do teléfono para comunicar o resultado de probas.

A xerencia da área sanitaria de Lugo tamén está a avaliar cos distintos servizos a posibilidade de ampliar horarios de consulta á tarde e poder así espaciar as citas dos pacientes.


 

Noticias web

28/04/2020