CRTVG

Buscar

O HULA contará con servizo de hemodinámica durante as 24 horas do día

Publicado o 24/01/2019 19:46

O servizo de hemodinámica do Hula traballará en horario completo, as 24 horas dos 365 días do ano, a partir do 18 de febreiro. No último ano o servizo atendeu 168 pacientes con infarto. Conseguiu manter o indice de mortalidade no 3,3 por cento, e acurtar en 50 minutos o tempo de resposta, factores que impulsaron a ampliación do horario.

Tamén foi determinante ampliar o persoal deste servizo e completar a súa formación. O servizo de hemodinámica era un dos máis demandados pola sociedade luguesa, co fin de evitar o desprazamento á Coruña do 25 por cento dos pacientes con infartos ou doenzas coronarias.
 

 

 

Noticias web

24/01/2019