CRTVG

Buscar

O HULA coloca o primeiro marcapasos do mundo por unha arritmia poscovid−19

Publicado o 18/09/2020 14:33

Unha pacienter do hospital lugués Lucus Augusti de 75 anos podería ser a primeira do mundo da que se documente científicamente a colocación dun marcapasos por mor dunha arritmia ocasionada pola covid−19.  A muller levaba hospitalizada máis dun mes cando a situación se agravou. Sufría unha disfunción sinusal, cunha importante diminución do ritmo cardiaco.

É a primeira vez que un tratamento estándar contra o coronavirus provoca este tipo de afección, e os expertos sinalan que as arritmias son cada vez máis frecuentes entre os doentes con covid−19.

O proceso de implantación desenvolveuse sen complicacións, e logo de 55 días a muller puido recibir xa a alta médica.

Noticias web

18/09/2020