CRTVG

Buscar

O hostaleiro de Combarro denunciado por servir bebidas no interior nega os feitos

Publicado o 04/02/2021 14:53

Abre o local esta mañá coma calquera outro día, pero hoxe non é un día calquera, está na boca de todos tras a denuncia da Policía Local por servir bebidas no interior.

"Estaba servindo un café para levar e o señor deixouno un momento, porque ía sacar tabaco apoiado na neveira dos xeados e nese momento xusto entrou a policía e di que nós estabamos servindo no interior do local", conta ​Saúl Fontán, fillo do propietario.

O cliente tamén foi denunciado presuntamente por non ter a máscara posta.

"Tomei un café fóra. Fun adentro a deixar o vaso porque non o vou tirar na rúa e saín para fóra para fumar. Baixei a máscara para acender o cigarro e foi cando veu a policía", quéisaxe ​Eliseo, o cliente denunciado.

"Eu estaba falando por teléfono e xa mirei vir un home de fronte que debía ser ese o policía local e mirando para nós, pero a min non me dixo nada", narra ​Paco Pérez, testemuña no momento que chegou a policía.

"E o que pon o xornal de que eramos moitos, non. Eramos eu e máis un rapaz que estaba a tres metros de min falando por teléfono", insiste ​Eliseo, cliente denunciado.

"Non se serve bebida dentro, si para levar, iso si, que ás veces a xente inconscientemente pare na porta e dea o primeiro chopo do café, cousa que Juan sempre lles di que por favor vaian á praza", conta ​Sonia, que traballa nunha panadería ao carón do bar.

"E iso ímolo levar ante un avogado e ante á xustiza, non imos quedar parados", comenta ​Juan L. Fontán, propietario do bar.

Durante toda a mañá non conseguimos poder falar co xefe da Policía para coñecer a súa versión dos feitos.

 

Noticias web

04/02/2021