CRTVG

Buscar

Portugal descarta derivar pacientes da covid a Galicia a curto prazo

Publicado o 06/02/2021 13:23

 

 

Portugal descarta derivar pacientes da covid a Galicia a curto prazo

No hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo teñen unha trintena de camas de hospitalización dispoñibles nestes momentos para recibir enfermos lusos e tamén se poderían ofrecer camas nas unidades de coidados intensivos.

O Goberno portugués agradeceu o ofrecemento de axuda sanitaria realizado pola Xunta.  Nunha carta do coordinador rexional norte para a resposta das UCI ao conselleiro de Sanidade agradeceulle a dispoñibilidade de Galicia para axudarlles na atención sanitaria por mor da covid.

No escrito sinala que a rexión norte continúa cunha grande presión asistencial, pero neste momento son capaces de responder ás súas necesidades actuais cos seus propios dispositivos, e que non prevén unha alteración desta situación nos próximos días. Expresan, iso si, que se o precisan farano efectivo.

No Cunqueiro hai un cento de ingresados en planta e unha vintena na UCI, pero o hospital vigués ten capacidade para 210 camas, polo que a día de hoxe podería recibir unha trintena de enfermos portugueses sen risco de saturación. As autoridades sanitarias galegas tamén ofreceron a posibilidade de enviar respiradores a hospitais portugueses.

Noticias web

06/02/2021