CRTVG

Buscar

O Cunqueiro contará cunha nova unidade de sáude mental para nenos e adolescentes

Publicado o 19/05/2021 13:41

O hospital Álvaro Cunqueiro contará cunha nova unidade de hospitalización de sáude mental para nenos e adolescentes. É a segunda deste tipo en Galicia e atenderá todo o sur da comunidade.

Son máis de 600 metros cadrados adaptados ás necesidades específicas destes pacientes. Este proxecto forma parte da estratexia do Goberno galego para a saúde mental, que prevé contratar 120 profesionais neste eido sanitario.

Noticias web

19/05/2021