CRTVG

Buscar

O Hospital Lucus Augusti resiste a loita conta a pandemia tras triplicar as prazas UCI

Publicado o 28/04/2021 20:14

Levan máis dun ano loitando contra a pandemia, un tempo en que o Hospital Lucus Augusti triplicou as prazas UCI. Logo do impacto inicial, valoran positivamente os resultados

De feito subliñan que o Lucus Augusti está entre os hospitais que mellor soportan o impacto da pandemia.

Na Radio Galega, durante un programa especial polo décimo aniversario do hospital lugués, subliñaron tamén que a aposta pola asistencia domiciliaria é outra das claves para que o Hula supere con menor presión esta crise sanitaria.