CRTVG

Buscar

O hospital de Vigo implanta un novo procedemento endoscópico nos pulmóns

Publicado o 31/10/2019 15:19

Foto de familia dos pneumólogos do CHUVI para celebrar o éxito da intervención. É a primeira vez en Galicia que se implantan unhas válvulas no interior do pulmón dun enfermo de EPOC para reducirlle o volume e con iso a fatiga crónica, unha solución endoscópica e pouco invasiva que antes requiría dunha intervención cirúrxica non exenta de risco.

Eduardo foi o primeiro enfermo en Galicia en recibir este tratamento. Operouse hai só unha semana e hoxe é un home feliz.

Esta técnica abre unha porta de esperanza para que o transplante era a única solución.

Noticias web

31/10/2019