CRTVG

Buscar

O hospital de Montecelo pecha a súa planta covid

Publicado o 11/06/2021 15:56

A boa evolución da pandemia en Galicia permite desmontar estruturas creadas especificamente para controlala. Tras 14 meses, no hospital pontevedrés de Montecelo pechan a planta covid que, antes da pandemia, era a de Pneumoloxía.

A tendencia á diminución no número de ingresos por covid-19 permite dar este paso. As 24 camas desa planta destinaranse agora a acoller outro tipo de pacientes. Os ingresos relacionados coa pandemia compartirán planta en pneumoloxía ou medicina interna. Iso di, en cuartos illados para evitar calquera tipo de infección.

Noticias web

11/06/2021