CRTVG

Buscar

O home que matou a muller no Carballiño ingresará nun psiquiátrico penitenciario tras ser firme a sentenza

Publicado o 04/11/2020 10:53

O home que matou a súa muller no Carballiño en 2017 ingresará nun psiquiátrico peninteciario. Ata o de agora permanecía nun xeriátrico á espera dunha sentenza firme que ratificara a da Audiencia Provincial que o consideraba autor do homicidio, pero que o absolvía debido ao seu estado mental, xa que padece unha demencia frontotemporal.

O tribunal xa solicitou un informe sobre os posibles centros ao que trasladalo. Deberá estar ingresado nunha prisión psiquiátrica durante un máximo de 14 anos.

Noticias web

04/11/2020