O detido por asasinar a parella e a filla en Esplugues pasará proximamente a disposición xudicial
O suposto asasino da súa parella e a filla de 3 anos que tiñan en común en Esplugues de Llobregat pasará a disposición xudicial nos próximo días.
O concello da localidade barcelonesa celebrara esta tarde un pleno extraordinario para condenar este crime machista, que á espera da confirmación oficial, sería o primeiro de 2020 en España.
O home que, supostamente, asasinou a súa parella, de 28 anos, e a filla de ambos, de 3 anos, na localidade barcelonesa de Esplugues de Llobregat continúa ingresado no hospital ao que foi trasladado para ser tratado das lesións que se autoinfrinxiu.
O detido, de 27 anos, permanece custodiado polos Mossos d'Esquadra, que investigan en que circunstancias se produciu o crime. Está previsto que pase a disposición xudicial ao longo desta semana.
O crime ocorreu no domicilio familiar a primeiras horas do día de Reis. Segundo as autoridades, non hai antecedentes xudicias de violencia entre a parella.
O concello de Esplugues, que xa decretou tres días de loito oficial, celebrará esta tarde un pleno extraordinario para condenar o dobre feminicidio.
Se se confirma a autoría, sería o primeiro crime machista do novo ano.
En 2019, 55 mulleres morreron a mans das súas parellas ou ex-parellas en España e outro tres casos estan sendo investigados.