CRTVG

Buscar

O histórico Fran Teixeira afástase da primeira liña do balonmán por problemas de saúde

Publicado o 21/07/2021 12:06

Fran Teixeira, un histórico do balonmán galego, afástase da primeira liña. Por problemas de saúde deixa de adestrar o Chapela.

Teixeira leva anos loitando contra un cancro de colon que xa o fixo pasar por quirófano ata en sete ocasións. Con esforzo e paixón polo seu deporte, mantívose activo no banco durante as últimas tempadas. Pero agora di que xa non pode seguir.

Despois de 14 anos, non será o técnico do Chapela. Iso si, conta con regresar cando mellore, e desde aquí desexámoslle moita sorte e que a volta sexa o máis axiña posible.

Noticias web

21/07/2021