O herdeiro saudí contaba cun equipo para torturar disidentes
Publicado o 18/03/2019 19:21
O principe herdeiro de Arabia Saudita, Mohamed Bin Salman, autorizou unha campaña secreta para silenciar aos disidentes coa monarquía. Segundo unha investigación do xornal The New York Times, o asasinato do xornalista Jamal Khashoggi non foi un feito illado, senon unha das numerosas accións dun grupo armado, amparado polo herdeiro saudí. Todas as vítimas, secuestradas e torturadas, eran activistas contrarias ao rexime. As autoridades saudies ainda non se pronunciaron sobre estas acusacións.