CRTVG

Buscar

O Guardés xoga en cuartos de final da Copa da Raíña contra o Xixón

Publicado o 27/04/2021 20:53
O Guardés xoga en cuartos de final da Copa da Raíña contra o Xixón

O Guardés xa ten rival nos cuartos de final da Copa da Raíña. Vaise enfrontar co Xixón, a quen acaba de gañar a domicilio en partido de liga. Se as de Frades superan ao conxunto asturiano, en semifinais mediríanse ao gañador do Rocasa-Valladolid.

Este ano a Copa da Raíña vaise celebrar na localidade canaria de Telde, entre o 21 e o 23 de maio.

Noticias web

27/04/2021