O Guardés leva o derbi galego da liga feminina de balonmán (32-22)
Publicado o 18/09/2021 21:56
O derbi galego da división de honra do balonmán feminino foi para o Mecalia Guardés.
Un Mecalia que gañou 32 a 22 nun partido marcado polo que aconteceu na primeira metade. O Porriño foise do partido e as locais aproveitaron para castigalas cun parcial de 10 a 0 e marchar ao descanso co contundente 20-7 no marcador.
Na segunda metade as porriñesas recortaron diferenzas, pero nunca chegaron a ter opcións de remontar o partido.