CRTVG

Buscar

O Guardés encoméndase á experiencia de Marisol Carratú para afrontar a cita europea

Publicado o 14/10/2021 16:08

As rapazas que dirixe José Ignacio Prades visitan o Hypo austríaco. Partido que ofrece en directo a G2. Mecalia Guardés leva cinco temporadas xogando competición continental. A súa porteira, a arxentina Marisol Carratú, viviu estas experiencias. De tanta riqueza como as de ensinar as xogadoras do futuro.

Comenta Marisol Carratú, internacional arxentina, capitá e líder do Mecalia Guardés, que aos cativos se lles trasmite afouteza.

Pois enerxía e ilusión. Enerxía e ilusión para calmar os nervios das xogadoras do Guardés debutantes en Europa.

Hai cinco temporadas estaba xa naquel Guardés que competía por Europa. E aí segue, serena, comprometida e ilusionada.

Noticias web

14/10/2021