CRTVG

Buscar

O Guardés encamiña en Ucraína o pase á semifinal da EHF (16-24)

Publicado o 14/02/2021 15:09
O Guardés encamiña en Ucraína o pase á semifinal da EHF (16-24)

Gran triunfo do Guardés na ida dos cuartos de final da EHF European Cup na pista do Galychanka de Lviv, en Ucraína (16-24). 

Encontro moi serio das guardesas, sobre todo no traballo defensivo. Na primeira parte deixaron en 8 goles as súas rivais (8-13) e no segundo tempo, lonxe de confiárense, mantiveron a intensidade que lles permitiu ampliar a vantaxe ata os oito goles. 

Todo apunta a que o Guardés estará nas semifinais aínda que deberá rematar a eliminatoria o vindeiro domingo (19:00), partido que veremos na G2.