CRTVG

Buscar

O Guardés derrota pola mínima ao Granollers

Publicado o 10/04/2021 22:13

No balonmán feminino, o Atlético Guardés segue con paso firme na fase polo título. Esta tarde acadou o segundo triunfo noutros tantos partidos. Desta volta, gañou na Sangriña ao Granollers, rival directo, que marchou con vantaxe de dous goles ao descanso. Na segunda metade as guardesas consumaron o remonte e impuxéronse por 24 a 23. Paula Arcos liderou a anotación con cinco tantos.

Noticias web

10/04/2021