CRTVG

Buscar

O grupo STL recada 7 millóns na pandemia para proxectos solidarios

Publicado o 06/04/2021 16:10

Se algo positivo sacamos deste ano de pandemia foi descubrir como a solidariedade rompeu con todos os moldes establecidos. Moitas empresas deixaron os seus quefaceres para poñérense á disposición do Goberno. Este foi o caso dun dos xigantes do téxtil galego, o grupo STL, que agora fai balance.

Comezou no peor da pandemia facendo batas, pixamas e máscaras para o Sergas e logo decidiu ir máis alá e doar un 10 % da venda dos seus produtos para outros proxectos solidarios, tanto a nivel internacional como galego. Conseguiron recadar sete millóns de euros vendendo bolsos e complementos.

Estes cartos irán destinados a través da Cruz Vermella a necesidades derivadas da pandemia, pero tamén están pensados para apoiar os nosos maiores, os grandes damnificados desta crise.

Noticias web

06/04/2021