O grupo Sidenor súmase á poxa por Alcoa
Publicado o 02/07/2021 21:02
Xa se coñece outra oferta pola factoría de Alcoa en San Cibrao. Trátase do grupo Sidenor, de orixe vasca e que conta con plantas de produción de metal industrial no País Vasco, Cataluña e Cantabria.
Sidenor afirma apostar por un proxecto a longo prazo para Alcoa alonxado da especulación e comprometido co emprego e a actividade. E tamén pola dixitalización e a innovación nos procesos industriais. É a segunda oferta que se coñece nesta semana logo da presentada pola suiza Trafigura.