CRTVG

Buscar

O grupo PSA aspira á saturación máxima da planta de Balaídos

Publicado o 22/04/2019 21:33

A nova aposta de Toyota sairá da planta de PSA en Vigo en 2020. A finais deste ano comezará a fabricación da furgoneta Proace City, froito do acordo asinado entre Toyota e PSA no 2012 para reforzar a gama de vehículos comerciais lixeiros da multinacional xaponesa.

O grupo PSA aspira á saturación máxima da planta de Balaídos, logo do lanzamento das furgonetas K9, este Toyota que se presentará a próxima semana no salón de Birminghan, e as primeiras montaxes do todo camino V20 de Peugeot. A hipótese que cobra máis forza é a da fabricación dun SUV ou todo camiño, que podería ser 100% eléctrico, e compartido con outras factorías do grupo.

O obxectivo: superar a barreira de produción de 600.000 coches ao ano.


 

Noticias web

22/04/2019