O grupo Oca compra as instalacións do balneario de Guitiriz
Publicado o 02/04/2020 15:26
O grupo Oca Hotels acaba de comprar as instalacións deste balneario para volvelo poñer en marcha. O grupo hostaleiro galego ten previsto investir catro millóns de euros na mellora e acondicionamento das instalacións.
Ademais dos tratamentos de augas termais, neste establecemento centenario vanse ofrecer servizos de restauración, organización de eventos e campos de golf. Por outro lado, prevén crear un mínimo de 50 postos de traballo directos, dando prioridade á contratación de empregados e provedores desta comarca da Terra Chá.