CRTVG

Buscar

O Grove, quince días en restricións máximas para frear o avance do virus

Publicado o 25/04/2021 14:56

Outro concello perimetrado é O Grove, que leva así desde o 9 de abril, máis de quince días sen experimentar apenas melloría. Sí que estivo aberto e en boa situación sanitaria durante a semana santa.

Este domingo con choiva e con preto do oitenta por cento dos negocios hostaleiros pechados, a vila ofrece unha triste imaxe.

A incidencia acumulada a 14 días segue entre os 250 e os 500 por cen mil habitantes. Nunha vila en que o 80 % depende do turismo e a hostalería, moitos son os que temen que o peche se prolongue.

Con só encargas para levar moi poucos establecementos se atreven a abrir.
Nesta vila do Salnés en restricións máximas agardan a reapertura como auga de maio e sobre todo poder gozar dun verán coma o anterior.

 

Noticias web

25/04/2021