O Grove estrea accións de limpeza e concienciación contra as toalliñas contaminantes
Tirar toalliñas hixiénicas polo inodoro comeza a ser un grave problema ambiental e económico para moitos concellos galegos. Un deles é o do Grove. Aquí, os técnicos municipais de medio ambiente xa deseñaron novos sistemas de limpeza para evitar o colapso e a rotura das bombas de depuración. Piden máis implicación e concienciación á cidadanía.
No Grove, moitas toalliñas que se tiran no inodoro rematan aquí, neste enreixado deseñada para frear a chegada deste material ás bombas de depuración.
A súa composición química e a súa textura son un grave problema medioambiental se se acaban tirando polo inodoro. De feito, e a pesar de que en moitos paquetes de toalliñas se di que son biodegradables, aseguran que isto é mentira.
E para concienciar a todos os seus veciños e veciñas, dende o Concello van levar a cabo unha campaña informativa entre os máis pequenos. Cren que así a mensaxe chegará a máis persoas. Evitar un simple xesto que axudará a preservar o noso medioambiente e a súa paisaxe.