Con cansazo e resignación, O Grove e A Pobra pasan a nivel máximo de restricións
Cansazo e resignación. Así describen os veciños do Grove a volta atrás e a entrada, xunto ao concello da Pobra, desde este xoves no nivel máximo de restricións tras detectarse 40 casos activos.
"Xa non hai palabra, moi cansos, moi cansos". "Resigandos e esperando", din os veciños.
Unha situación que din que non os sorprende. O nivel máximo implica o peche da hostalería, salvo para servizo a domicilio ou recollida. Desde o sector aseguran que é insostible.
"Isto é inasumible, os gastos acumúlanse, non se pode abrir e cerrar constantemente. Os traballadores, ao ERTE outra vez", quéixase o hostaleiro Manuel Vázquez.
Malia volver sufrir as restricións máis duras e non poder saír do seu concello, aseguran que cumprilas é o único xeito de poder acabar coa pandemia.