CRTVG

Buscar

O gromo que se orixinou en Viveiro esténdese por varios municipios e xa suma 70 casos

Publicado o 28/05/2021 14:32

O gromo que se orixinou en Viveiro é o que ten máis casos activos na area sanitaria de Lugo. Extendese por varios municpios. En total suma xa 70 contaxios.

En concreto son 41 casos en Viveiro. Dúas persoas contaxiadas neste gromo, pai e fillo, son os dous ingresos que hai nas UCI da provincia. O último positivo é o o dunha traballadora da residencia de maiores, e xa se fixo un cribado no centro.

O crecemento explosivo de casos levou a Sanidade a elevar as restricións na vila. A partir de mañá, a hostalería só poderá atender en terraza, unha medida que rexeita o sector. É o quinto peche e os hostaleiros anuncian mobilizacións.

Noticias web

28/05/2021