CRTVG

Buscar

O gromo no centro para discapacitados de Chapela dispara a incidencia de Redondela

Publicado o 17/08/2021 15:45

Son 37 os usuarios contaxiados da covid neste Centro de Atención a Persoas Discapacitadas de Chapela. Un gromo que converteu Redondela no concello con maior incidencia acumulada da área sanitaria de Vigo.

Esta onda nada ten que ver coa que viviron na primeira vaga da pandemia, en abril do 2020, con outros 37 contaxiados. Desta vez os afectados deste centro teñen síntomas leves ou son asintomáticos e a diferencia é que agora os 120 usuarios están vacinados.

Redondela sumou 24 novos contaxios nas últimas 24 horas, e está xa en nivel alto de restricións. 

Redondela presenta mais de 810 casos por cada cen mil habitantes nos últimos catorce días, o dato mais alta da área sanitaria de Vigo que encabeza o número de contaxios de Galicia.

Noticias web

17/08/2021