CRTVG

Buscar

Baixo control o gromo familiar que fixo subir a incidencia na Pobra do Caramiñal

Publicado o 10/09/2021 15:10

A Pobra do Caramiñal non tiña unha incidencia tan alta dende mediados de agosto, e a xente por fin vivía con certa normalidade, pero un gromo detectado esta semana volveu sacar a covid como tema de conversa. O que si teñen claro é que a incidencia nun concello axiña se contaxia pola comarca.

Con 16 positivos, A Pobra ten hoxe 172 casos de incidencia acumulada, exactamente a mesma que a media de Galicia. No ambiente empeza a calar unha mensaxe de optimismo.

 

 

Noticias web

10/09/2021