CRTVG

Buscar

O gromo de Vimianzo aumenta a sete casos activos

Publicado o 07/08/2020 17:13
O gromo de Vimianzo aumenta a sete casos activos

O gromo de coronavirus detectado este xoves no concello coruñés de Vimianzo contaxiou polo menos a sete persoas, das que cinco están vinculadas a unha empresa cárnica, segundo informa o Sergas.

Este gromo sumou nas últimas horas dous novos positivos, ata situarse nun total de sete. Todos os infectados están illados nos seus domicilios. Dada a posibilidade de novos contaxios, o Sergas indica que está a ampliar as análises entre os contactos dos afectados, para tentar limitar o risco de novas infeccións, e adoptando medidas preventivas para evitar a propagación da epidemia.