CRTVG

Buscar

O gromo de Vilamarín tras un bautizo deixa xa sete contaxiados

Publicado o 21/08/2020 15:06

O gromo rexistrado tras un bautizo no concello Ourensán de Vilamarín deixa, polo momento, 7 contaxiados. Trátase dun positivo máis ca na xornada anterior.

Como medida preventiva, Sanidade mantén restrinxidas as visitas, así como as entradas e saídas na residencia Santiago Apóstolo desa localidade.

No Barco de Valdeorras mantense estable outro foco, con catro afectados.

En Ourense, unha persoa foi detida tras cuspirlle a unha camareira e negarse a poñer a mácara e a ser identificada pola policía.

Noticias web

21/08/2020