CRTVG

Buscar

O gromo de covid detectado nun matadoiro de Betanzos suma 14 positivos

Publicado o 27/08/2021 16:12
O gromo de covid detectado nun matadoiro de Betanzos suma 14 positivos
EFE

O gromo de coronavirus detectado no matadoiro de Montellos, en Betanzos (A Coruña), contabiliza este venres 14 casos positivos entre os seus traballadores, informan a Efe fontes da área sanitaria da Coruña e Cee.

Súmanse así seis contaxios máis aos oito que foran detectados o xoves. Son os resultados do cribado que realizou a área sanitaria a unhas 80 persoas, traballadores do matadoiro e familiares.

Noticias web

27/08/2021