O gromo da Mariña suma 43 contaxiados en oito concellos
Publicado o 16/04/2021 14:32
O gromo da Mariña suma xa 43 casos en oito concellos. Barreiros é un dos que máis preocupa, sobre todo porque está xa en nivel alto de restricións.
Malia todo, os últimos datos e os resultados dos cribados apuntan a unha certa contención.
Pero os veciños saben que é fundamental seguir tomando precaucións.
Porque o gromo esténdese con moita rapidez. O rastrexo de Sanidade está a ser moi complicado porque foron multiplicándose as cadeas de transmisión do virus.
Lourenzá e Burela, onde hai dous contaxiados ingresados no hospital, súmanse a unha lista de concellos afectados por este gromo en que figuran tamén Trabada, Ribadeo, Cervo, Foz e Mondoñedo.