CRTVG

Buscar

O grelo de Abadín abre mercados en Internet

Publicado o 10/03/2021 20:44

É a central loxística da plataforma expogrelo.com, promovida polo concello lugués de Abadín. Cun so clic podemos mercar manoxos dun quilo. a un prezo de dous euros, dun grelo que grazas a este proxecto está abrindo mercados por toda España. 

Din os produtores que estes envíos lles axudan a compensar unha campaña moi complicada por mor da pandemia e o peche da hostalaría.

Cren ademais que a venda en liña implica vantaxes para todos.

O de Abadín é un grelo con moita sona e conta co selo de calidade da IXP Grelo de Galicia.

Coa campaña a piques de rematar fan un balance moi positivo destes inicios da plataforma on line, onde o concello, que asume os custes da loxística, non descarta que se podan vender máis produtos típicos da zona.

Noticias web

10/03/2021