O Green Friday, unha alternativa ao Black Friday, que aposta polo consumo responsable, sostible e de proximidade
Publicado o 27/11/2020 21:08
Mercar dun xeito mais responsable e e sostible, é o que propón o 'Green Friday', ou 'venres ecolóxico'. Unha alternativa por exemplo, son os produtos do comercio xusto.
Precisamente mercar o necesario e crear conciencia da importancia de reducir, reutilizar e reciclar é outro dos obxectivos desta iniciativa mundial.
Tendas de segunda man e tamén pequenos comercios locais foxen hoxe de fomentar o consumismo por impulsos que beneficia, din sobre todo ás grandes empresas.
Priorizar o comercio local e os produtos de proximidade tamén é un xeito máis responsable de consumir nestas datas.