O Granadilla demostra diante do Deportivo ser un dos mellores equipos da liga feminina (4-1)
Publicado o 05/01/2021 19:31
O Deportivo Abanca comezou o ano con derrota. As de Manu Sánchez caeron ante o Granadilla en Tenerife por 4 goles a un.
No minuto 22, un saque de banda desde a dereita acabou co testarazo de Cristina Martín dentro da portería de Noe Bermúdez. Tan só oito minutos máis tarde, de novo a andaluza Cristina Martín logo dunha boa carreira bate a gardameta deportivista. O terceiro chegaba no 44, Paola anotaba despois dun saque de esquina.
Na segunda parte seguiu o domino canario, Mari Jose controlaba o esférico de costas a portería e lanzaba un disparo de volea para facer o cuarto gol. Recortaría distancias Alba Merino de penalti. Resultado final 4-1. As coruñesas continúan pechando a clasificación da primeira feminina.