CRTVG

Buscar

O Gordo da Primitiva deixa en Santa Comba 163.000 euros

Publicado o 17/09/2019 14:02

Unha pequena viaxe á boa sorte ao lugar e á veciñanza onde caeu un dos premios grandes da Primitiva no sorteo deste domingo lévanos a Santa Comba.  A combinación gañadora, selada nun bar, levou case 163.000 euros.

Moitos son os que están agardando comezar a semana cunha boa sortiña. Téntase á sorte, e ás veces chega deste xeito imprevisible, como un milagre.

No bar Sunday de Santa Comba pódese dicir que se instalou o domingo a ledicia. Selou a combinación gañadora do Gordo da Primitiva, case 163.000 euros cobrará o titular dun único boleto, con 5 acertos.

Que terá Santa Comba, afeita á boa sorte, porque este premio pode cambiar o destino de calquera.

 

Noticias web

17/09/2019