CRTVG

Buscar

O golfiño Manoliño visita de novo as praias da ría de Muros

Publicado o 14/06/2021 21:31

E nova aparición do coñecido golfiño Manoliño en augas da ría de Muros e Noia. O arroaz foi visto por última vez esta tarde na praia das Gaivotas, en Porto do Son. De novo moi preto da area e dos bañistas. Pero lembramos que os expertos e a propia Xunta piden que non se interactúe con el. Xa alertaron de que é un animal salvaxe de máis de trescentos quilos de peso e cinco metros de lonxitude. En principio busca o contacto cos humanos pero polo ben do animal e tamén dos bañistas non é recomendable.
 

Noticias web

14/06/2021