CRTVG

Buscar

O gol espectacular de Gabri Veiga e a resistencia defensiva opan ao Celta B o alto da táboa

Publicado o 09/10/2021 10:43

O Celta B logrou unha vitoria importante, no partido que abría a sétima xornada.

Foi no campo de Lezama ante o filial do Athletic de Bilbao e axiña nos deixou este xogadón Gabri Veiga arranca case desde medio campo e logo de canear varios rivais anota o primeiro gol para os celestes.

Era o minuto 14. E cinco despois anúlanlle un gol a Pampín, o vigués non acababa de crelo. Os bilbaínos buscaron o empate e tivérono nesa xogada, paradón de Gaizka Campos a remate de Artola.

No descanso seguiron apertando os locais, con todo, este balón que saca Carrique baixo paus foi a ocasión máis clara. O Celta B acada a súa segunda vitoria seguida na Liga e da un paso importante cara á parte alta da táboa.

Noticias web

09/10/2021