O Goberno xordano acusou o exherdeiro de conspirar cun país extranxeiro para derrocar a Abdalá II
Publicado o 05/04/2021 08:56

O intento de desestabilización denunciado en Xordania provocou unha onda de apoio internacional ao rei Abdalá II, ao que xa lle transmitiron o seu apoio a Unión Europea e os Estados Unidos.
O Goberno xordano acusou o exherdeiro e medio irmán do actual monarca, o príncipe Hamza, de conspirar cun país estranxeiro para derrocar a Abdalá II.
Hamza permanece en arresto domiciliario e outras 20 persoas foron detidas polas forzas de seguridade xordanas, entre eles dous exembaixadores en Arabia Saudita.