O Goberno vasco permítelles aos municipios comunicarse só en éuscaro
Publicado o 20/11/2019 14:56

O Goberno vasco aprobou un decreto que lles permite aos municipios comunicarse só en éuscaro. Cada concello decidirá o idioma que quere empregar para traballar internamente e para dirixirse aos veciños nas súas notificacións.
Con esta normativa, o executivo de Urkullu quere darlle un pulo ao éuscaro para que se converta na lingua de traballo e servizo público. Aseguran que isto non vulnera o dereito básico de todo cidadán vasco a elixir en cal das dúas linguas oficiais se quere dirixir á Administración.