O Goberno vai levar ante a Fiscalía as homenaxes aos dous etarras excarcerados esta fin de semana
Publicado o 29/07/2019 15:06
O Goberno vai levar ante a Fiscalía as homenaxes aos dous etarras excarcerados esta fin de semana. Estas son imaxes do recibimento a Xabier Ugarte, que saíu do cárcere despois de vinte e dous anos. É o responsable do secuestro do funcionario de prisións Ortega Lara, o máis longo na historia da banda terrorista.
O outro terrorista liberado é Zabaleta Elosegi, coñecido como Baldo, que pasou 29 anos en prisión por varios atentados con vítimas mortais.