CRTVG

Buscar

O Goberno de Boris Johnson ultima o fin das restricións para o 19 de xullo

Publicado o 05/07/2021 14:59

No Reino unido, o Goberno prepárase para levantar as restricións a pesar do aumento dos contaxios. Mantén o 19 de xullo como a data para reiniciar a deesescalada e levantar todas as restricións aínda vixentes aquí no Reino Unido.

Debido ao aumento do número de contaxios por mor da variante delta, algúns expertos presionan o primeiro ministro Boris Johnson para que polo menos manteña a obrigatoriedade de levar a máscara en espazos pechados.

O Goberno reitera que é o momento de deixar a seguridade sanitaria nas mans da responsabilidade individual. 

Noticias web

05/07/2021