CRTVG

Buscar

O Goberno transferiulles xa ás comunidades o 70 % dos fondos europeos, máis de 7.000 millóns de euros

Publicado o 02/08/2021 20:44

O Goberno anuncia que xa lles asignou ás comunidades autónomas o 70 % dos fondos europeos, máis de 7.000 millóns de euros. A Xunta pide máis claridade no repartimento, porque considera que non se garante a cohesión territorial e social.

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "O Goberno transferiulle ás comunidades, a través do consello de Ministros ou de conferencias sectoriais, un total de 7.230 millóns de euros. E están en camiño outros 200 millóns adicionais que se van repartir nos próximos días".

Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda: "As comunidades autónomas non somos simples encomendas de xestión da Administración Central. Queremos coñecer, opinar, e creo que temos unha traxectoria máis que contrastada para a defensa dos nosos intereses. O que estamos pedindo é unha cogobernanza real, equidade no repartimento, e lealdade institucional, porque todos conformamos o Estado".

Noticias web

02/08/2021