CRTVG

Buscar

O Goberno ten un 'colchón' por se os impostos que aproban mañá recadan menos do previsto

Publicado o 17/01/2019 12:56

Funcas revisa á baixa a previsión de crecemento para España este ano, ata o 2,1 %. A ministra di que vai na liña do que eles calculan, o 2,2 % incluído nos presupostos. Tamén se referiu aos novos impostos que aproban no Consello de Ministros de mañá, como a taxa Google. Din que teñen un colchón previsto por se finalmente non recadan o agardado.

Nadia Calviño, ministra de Economía: "É certo que cando se introduce un novo imposto sempre hai unha incerteza sobre cal vai ser a recadación real que se produza, pero o Ministerio de Facenda ten unha serie de 'colchóns' e previsións en caso de que se produza unha menor recadación".

Noticias web

17/01/2019