CRTVG

Buscar

O Goberno reúnese hoxe cos axentes sociais para negociar a reforma das pensións

Publicado o 14/01/2019 09:29

O Goberno reúnese hoxe con patronal e sindicatos para negociar unha reforma das pensións que garanta o sistema.

O obxectivo é cambiar a estrutura de gastos e ingresos da Seguridade Social, que acumula un déficit de 18.000 millóns. Os sindicatos e a patronal foron convocados a este reunión o venres, despois de que o Goberno abrira a porta a atrasar un ano a idade de xubilación, ata os 65 e medio. E mentres non se reforma o sistema, este ano os presupostos volven incluír un préstamo á Seguridade Social, de 15.000 millóns, para compensar o desfasamento entre o elevado gasto en pensións e os ingresos por cotizacións.


 

Noticias web

14/01/2019